Por Casa Goás pasan uns
clientes ós que lles temos gran admiración: os peregrinos do Camiño
Norte cara a Santiago.
Abadín é o final dunha etapa dura, dende Mondoñedo, con 15 Km. de
costa. A seguinte etapa ata Vilalba é máis cómoda pois entramos na
Terra Chá.
