Casa Goás pensión-restaurante
é un negocio familiar onde podes comer, durmir e pasar un bo momento
nun ambiente acolledor; rexentámolo unha terceira xeración. A nosa
andaina comezou no ano 1944.
Atopámonos no centro de Abadín, entre Mondoñedo e Vilalba, localidade
ben situada para desprazarse no coche, coñecer a provincia, a propia
cidade de Lugo ca súa muralla ou a costa lucense cas súas praias como a
das Catedrais.
